martes, 8 de abril de 2014

Información da viaxe a Xixón .

ÍMONOS A XIXÓN!!!!!!

O sábado 12 de Abril os preminis (3º e 4º primaria) do equipo Restaurante Portofino e Excavaciones Dario e os minibasket da Carreira Sin-Son e Asesoría Sanmamed viaxarán a Xixón para participar no Torneo Noega de Xixón.

A saída será ás 7:30 horas da parada de autobús de Porto do Son, parando no Arenas e en Portosín.

Folla de ruta da Viaxe

12:30 Chegada a Xixón e partidos:

Pol. Gijón Sur: Carreira Sin -Son CBPS - C. Laviada (Torneo Noega)
                      R. Portofino Excavaiones Dario - CODEMA (Torneo Noega)
Colegio Rio Piles: Asesoría Sanmamed - C. Rio Piles B

14:00 Visita e comida
Visita e comida no Muséu del pueblu d'Asturies.
A comida será de picnic e finalmente a pora o C.B. Porto do Son.


17:00 Partidos
17:00 Pol. Gijón Sur: Asesoría Sanmamed - C. Tremañes (Torneo Noega)
                               Portofino Excavaiones Dario - C. Severo Ochoa B (T. Noega)
18:00 Pol. Gijón Sur: Carreira Sin – Son - Severo Ochoa (Torneo Noega)


19:30 Desprazamento ao camping

Dirección: Camín de la Pasadiella 85. Salida 375 de la Autovia A-8 o Ctra Nacional 632 PK.64. 33394 - Deva Gijón (Asturias)
Teléfono 985 13 38 48

21:00 Cea




DOMINGO
08:00 Desayuno.

09:30 Pol. Gijón Sur: Asesoría Sanmamed - Elisburu (Torneo Noega)

10:30 Pol. Gijón Sur: Concurso de tiros libres
11:00 C. Corazón de María : R.Portofino Excavaciones Darío - C. Corazón de María A
13:00 Pol. Gijon Sur: Entrega de premios
14:30 Comida
16:00 Visita ao Paseo Marítimo, Barrio de Cimadevilla e parque do Cerro onde veremos a escultura “Elogio del Horizonte” , de Eduardo Chillida, símbolo de Xixón, alí faremos unha foto de grupo.


Moi importante
Todos os nenos e nenas deberán entregar aos adestradores a cartilla da seguridad social.

A cabaña non ten roupa de cama,polo cada un deberá levar ou roupa de cama ou saco de durmir. Aínda que se leve saco aconséllase levar unha sabana baixeira .

Levar todo o necesrario para o aseo: Cepillo de dentes,pasta, toalla, xel, chanclas. Como mínimo ducha obrigada o sábado a noite e domingo despois do encontro no pavillón.

Levar só roupa de chandal. Non olvidedes a sudadera do club e a roupa de xogar ( Aqueles que teñades a verde Macrón levadea tamén).

Non se aconsella levar nin teléfonos ,nin obxectos de valor .O Club non se fai responsable da perda dos obxectos.

A organización do Torneo fai unha campaña solidaria de recollida de alimentos. Quen queira pode colaborar levando comida non perecedera.

Para calquera consulta,información ou para falar cos nenos os telefonos de contacto son os de Juan ,Juanto,Luky e Javi .

Moitas grazas e non dubides en consultar calquera cousa.