luns, 31 de marzo de 2014

O Restaurante Portofino segue sen perder esta tempada.

No Restaurante Portofino todos os xogadores anotaron canastras.

RESTAURENTE PORTOFINO 59 - SANTA BAIA GARLOU 22
O Restaurante Portofino sumou unha nova victoría. Este equipo amósase moi superior ao resto e non coñece a derrota en toda a tempada.
Esta vez foi en Padrón no encontro da eliminatoria de Copa onde se medía ao Santa Baia Garlou.
O equipo de Luky xogou un partido moi completo onde os xogadores en idade benxamín buscaban aos prebenxamíns para que poidesen anotar as súas primeiras canastras da competición.



Os pases e o movemento de balón foron a norma nun encontro onde o público disfrutou do noso xogo.
Noraboa nenos e nenas e a seguir mellorando.