mércores, 26 de marzo de 2014

A MAREA VERDE CHEGARÁ A XIXÓN.

O C.B. Porto do Son participará no Torneo de Noega  en Xixón o próximo 12 e 13 de Abril.


Desplazaranse a terras asturianas un total de 40 baloncestistas que forman parte dos seguintes equipos:

Categoría Preminibasket. Equipo Excavaciones Darío e Restaurante Portofino
Categoría Minibasket  Masculino : Carreira Sin-Son 
Categoría Minibasket  Feminino  : Asesoría Sanmamed.

A expedición sairá o sábado día 12 moi cedo para chegar e xogar un encontro antes de comer e outro a tarde. O domingo á mañán os equipos xogarán outra vez e pola tarde realizarán unha visita cultural.

O C.B. Porto do Son quere agradecer o apoio por parte da Concellería de Deportes e ao igual que xa fixo noutros torneos será un digno embaixador do noso Concello.

NOTA IMPORTANTE: O VENRES 28 DE MARZO ÁS 20:00 HABERÁ UNHA REUNIÓN INFORMATIVA CON TODAS AS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS PARA PLANIFICAR E DAR MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A VIAXE.

Os nenos e nenas estarán aloxados no Camping Deva. Podedes velo pinchando na seguinte imaxe.