martes, 25 de marzo de 2014

O Excavaciones Darío inicia a copa cunha amplia victoria ante o C.B. Noia

Excavaciones Darío CBPS Laranxa 55 - C.B NOIA 28


Partido sen historia no marcador, os sonenses colleron diferencias moi amplias no marcador, que permitiron que os prebenxamins, moitos deles de primeiro ano e incluso Lucas de 5 anos, disfrutasen de moitos minutos durante o partido e mostrasen todo o que van aprendendo durante o ano, chegando algún deles a anotar canastas.

Algunhas das canastas do Excavaciones Darío chegaron tras pasarse o balón, entre todos os xogadores que estaban na pista. O máximo anotador do partido foi Víctor que non so anotou, tamén se dedicou a facer xogar os mais pequenos.