martes, 25 de marzo de 2014

O Carreira Sin -Son perde nun gran encontro ante Costa da Morte.

O Carreira Sin -Son 14 segue mellorando a pasos axigantados.

Nun encontro contra quizás o equipo máis físico da categoría os sonenses plantaron cara ata o final.
Foi un encontro de idas e voltas.Comezou o encontro con dous primeiros cuartos onde a igualdade era a tónica predominante.
O Costa da Morte  no terceiro cuarto diferenciouse no marcador  marcando un ritmo alto.
Chegábase ao descanso ,os sonenses correxían erros e facían un cuarto e quinto período espectacular. Destacando a defensa,  saltando ás axudas cando eran desbordados, diferenciando lado débil de lado forte,... E en ataque o adestrador insistía na ocupación de espazos e na saída de contrataque ( 1º pase e 2º) chegando a anotar canastra sen bote de pista a pista.
No último cuarto a diferencia física e a permisibilidade arbitral no uso das mans foron decisivas para non gañar o encontro.
Resaltar que o equipo debe mellorar o rebote en ambos campos e as liñas de pase en ataque.
Os adestradores están moi contetos co traballo do equipo e espera que sigan con esa evolución tanto técnica como táctica.