luns, 16 de decembro de 2013

O FISIOTERAPIA CINESIA PECHOU CO FONTIÑAS ALCAMPO A PRIMEIRA VOLTA DA LIGA.

Fisioterapia Cinesia C.B.Porto Do Son 20-70 Fontiñas Alcampo
Último partido da primeira volta para o Fisioterapia Cinesia C.B.Porto do Son. Desta vez, a visita procedía da capital, o Fontiñas Alcampo. Lamentablemente, os pupilos de Iago e Marcos non puideron estrear o pavillón sonense de Santa Irene cunha victoria.
 Aínda que as primeiras accións do encontro facían pensar nuns primeiros cuartos igualados, o certo foi que os santiagueses estiveron sempre cunha marcha máis posta e xa dende o primeiro cuarto (7-24) foron capaces de acadar un confortable colchón de puntos.
No segundo período máis do mesmo. Os locais non o facían de todo mal en ataque, onde conseguiron enlazar boas accións e tomando, cada partido que pasa, mellores decisións. Sen embargo, a defensa foi inexistente por momentos. Non se presionaba o balón, deixábase cortar ós contrarios sen oposición e, incluso por momentos, houbo dúbidas nas marcaxes dos xogadores rivais. O parcial deste cuarto foi de 4-19.
 Tralo descanso, correxironse considerablemente os erros na defensa, o que provocou o empate do terceiro parcial, cun resultado de 8-8.
A tónica continuou sendo a mesma no último cuarto ata que, a falta de 4 minutos, o Fisioterapia Cinesia baixou os brazos e comezou a regalar balóns en ataque e a permitir canastras sinxelas de contraataque. Este erro, de mentalidade máis que de talento, e algo que non se pode permitir este equipo.  O último cuarto rematou cun parcial de 1-19.
Destacar negativamente a lesión de Juan Fernández de Sanmamed, que estaba a desputar un moi bo encontro, nun choque fortuíto cun rival. Dende o C.B.Porto do Son, desexamoslle que teña unha pronta recuperación.
 Ata Xaneiro, o equipo non disputará competición oficial, feito que aproveitarán os adestradores para mellorar aspectos técnicos nas sesións de adestramento e voltar así con menerxías renovadas para a segunda volta da competición.
Xogaron e anotaron:
Fisioterapia Cinesia C.B.Porto do Son: Jorge, Cristián, Kevin, Miguel (2),  Aarón (11), Juan Fernández de Sanmamed, Juan Mariño, André (3), Pablo (4) e Carlos.