martes, 17 de decembro de 2013

Crónicas infantís, minibasket e premini

LIGA INFANTIL
TIENDAS PILLADOS 11 - C.B. NOIA 40
Gran partido das sonenses que conseguiron reducir a diferenza en case 30  puntos con respecto ao partido disputado en Noia anteriormente.
O Tiendas Pillados apostou por un baloncesto de formación arriesgando cunha defensa individual a toda pista frente ao balance defensivo do C.B. Noia que dificultaba o noso ataque.
O inicio de primeiro cuarto foi clave para que as sonense creesen no seu traballo chegándose ao final do cuarto cun 4 - 8  no marcador.
Foi a mediados do 3º cuarto cando o noia conseguiu marcharse no marcador pero máis por demerito das sonenses que pagaban o seu cansancio de presionar a toda pista  e concedían canastras fáciles. Tras a evolución no aspecto defensivo agora toca traballar para mellorar os aspectos ofensivos.
FISIOTERAPIA CINESIA 38 - C.B. NOIA 60
Partido onde os sonenses foronse ca sensación de poder dar un pouco máis.
O equipo sonense apostou polo xogo colectivo e buscando situacións para xogar 1 x1 , en fronte o C.B. Noia  que aproveitou a altura dun dos seus xogadores para levarse o encontro.
A diferenza nos dous primeiros cuartos foi suficiente para que os noieses se levasen a victoria. Os sonenses fixeron una gran segunda parte.
Desatacar que o C.B. Porto do son xogou con 3 nenos minibasket debido as baixas de ultima hora.

LIGA MINIBASKET
 
C.B. Noia 30 - C.B. Porto do Son "laranxa" 35
As sonenses conseguiron a victoria tras un comenzo desastroso de partido, perdendo por 12-0 o primeiro cuarto, no que cometeron moitas perdidas de balon concedendolle ós noieses canastras faciles. No segundo cuarto, empezaron a defender mellor e a encontrar o aro rival. Tras uns igualados terceiro e cuarto cuarto, no quinto acabaron de rematar a remontada, e xa non perderon o control do marcador ata o remate do partido.
 
Polas sonenses, a nivel ofensivo, destacou Loreto con 25 puntos,ainda así, ao equipo quedalle moito que mellorar tanto na defensa como especialmente no ataque.

C.B. Porto do Son Verde 17 - C.B .Santa Baia 43.
Un boiro moi superior físicamente marcou as diferencias dende o inicio.Os nosos chicos minis foron de menos a máis no encontro. Ao final as sensacións que deixaron foron boas intentando xogar en todo momento en equipo .

PREMINI
 
Victoria do C.B. Porto do Son Verde 26 a 7 contra Santa Baia de Boiro e do C.B. Porto do Son Laranxa fronte a Boiro por 32-26. Destacar o evolución dos dous equipos e a entrega de todos e todas as participantes.