domingo, 8 de decembro de 2013

2º día do Torneo Concello Porto do Son

Hoxe pola mañán tivo lugar a segunda xornada do torneo Concello Porto do Son.
Ás 10:00 da mañán arrancaba a xornada co encontro  infantil feminino  entre o Tiendas Pillados C.B. Porto do Son e o C.B. Vegadeo.

 
Novagalicia Banco patrocinador oficial do Torneo Concello Porto do Son

O resultado do encontro foi de 7 - 31 para as asturianas pero débese destacar e mencionar a mellora e evolución que están a ter as chicas de Boule e Juan que en cada encontro van a máis. Defensivamente o conxunto está moi ben , só lle falta ir crecendo pouco a pouco en ataque.
 
 

                         Tiendas Pillados C.B. Porto do Son e C.B. Vegadeo ,infantil feminino

Ás 12:00 foi a hora dos preminis mixto, nesta xornada xogaba o noso premini A  C.B. Porto do Son contra o C.B. Vegadeo. O partido tivo varias caras. O C.B. Porto do Son comezaba dominando cun parcial de 10 - 0. Durante todo o encontro a diferencia mantíñase e incluso aumentaba por momentos, pero a finais do terceiro cuarto e nos primeiros minutos do cuarto cuarto o conxunto de Vegadeo era quen de ir reducindo a ventaxa. Chegábase ao último minuto cun Vegadeo que se situaba só a 2 puntos pero non foi quen de culminar a remontada e o C.B. Porto do Son facíase ca victoria.


                                   Equipos premini do C.B. Porto do Son A  - C.B. Vegadeo