domingo, 8 de decembro de 2013

1º día do torneo Concello Porto do Son.



Primeiro día do Torneo Concello Porto do Son.

O C.B. Porto do Son , C.B. Vegadeo de Asturias e A.D.B. Fontiñas de Santiago disputaron a primeira xornada do torneo Concello Porto do Son .
Na categoría cadete a A.D.B. Fontiñas quedou campiona gañando na final a Fontiñas B. Mentrés na final de consolación o C.B. Vegadeo impúxose ao Fisioterapia Cinesia C.B. Porto do Son.

Na categoría benxamín o C.B. Vegadeo gañou ao C.B. Porto do Son B.

Na categoría infantil feminina o C.B. Fontiñas venceu ao Tiendas Pillados C.B. Porto do Son e o C.B. Vegadeo gañou no último segundo á A.D.B. Fontiñas.

Na xornada de mañán disputaranse dous encontros. No infantil feminino o C.B. Vegadeo fronte ao Tiendas Pillados C.B. Porto do Son e na benxamín e como peche o C.B. Vegadeo fronte ao C.B. Porto do son A

Video resume da 1ª xornada.