venres, 29 de marzo de 2013

PARTIDAZO. Derrota pola mínima contra C.B. Ponferrada.

Hoxe é un deses días onde a derrota sabe a victoria,non polo resultado senón pola aprendizaxe que sacamos dela. 

O C.B. Porto do Son xogaba ante un C.B. Ponferrada que saía a pista como favorito,tanto polo xogo mostrado onte ,como polo seu poderío físico.

O C.B. Porto do Son entrou no encontro moi centrado e sabendo que o poder competir dependía do seu nivel defensivo e do rebote.


Nos primeiros minutos do encontro a igualdade reinaba no marcador. O C.B. Porto do Son era capaz de defender e rebotear o que lle daba lugar a correr ao contraataque e anotar.As rotacións eran continuas debido ao alto ritmo do encontro estando todos os xogadores a un alto nivel.


No segundo cuarto chegou o momento crítico do encontro, moitos erros en defensa e unha sucesión de perdidas facían que os do Bierzo se marchasen no marcador con ventaxeas que rondaban os 15 puntos.

No terceiro cuarto, correxíronse os erros nos pases e as posicións defensivas melloraron. Tras ser desbordados chegaba a primeira axuda e as recuperacións facíanse ben. En ataque aparecían os espazos e o xogo sen balón.


Chegábase ao momento decisivo,o último cuarto. Os xogadores sabían que eran 10 minutos para intentar a heróica e poder gañar o encontro. Os adestradores pedíanlle aos xogadores que subiran a intensidade defensiva,que apretasen máis as liñas de pase. O C.B. Porto do son conseguía roubar e ir remontando pouco a pouco. Nos últimos minutos os cortes do lado débil daban o seu resultado e convertíanse en ventaxas para anotar cómodamente. Faltaban tan só 16 segundos e o marcador indicaba un 46 - 42 e dous tiros libres para o noso equipo. O primeiro convertido e o segundo errado, pero rebote ofensivo que non fomos quen de encestar.


En definitiva un partido que se decidiu nos últimos intres e do que quitamos unha gran aprendizaxe. Melloramos a nosa defensa, en intensidade e ocupación de espazos, melloramos o xogo ofensivo traballando os cortes por liña de fondo para acompañar as penetracións e sobre todo coñecimos cal é a actitude que temos que ter de inicio a fin. Noraboa rapaces e mañán máis e mellor.