xoves, 28 de marzo de 2013

1º Día da VBCup C.B.Porto do Son - C.B. Vilagarcia

Primeiro día da Vilagarcía Basket Cup.
En  primeiro lugar agradecer a invitación e felicitar á organización do torneo por ter a capacidade de levar a cabo un evento tan grande coma este.Estar aquií xa é un premio enorme para nós, unha experiencia única da que aprenderemos e disfrutaremos moitísimo.
Hoxe xogamos o noso primeiro encontro contra o C.B. Vilagarcía, foi un encontro igualadísimo,loitado de tu a tu polos dous equipos. No encontro fumos mellorando as nosas posicións defensivas,sendo capaces de facer axudas cada vez que eranmos desbordados e de ir diferenciando cada vez máis o lado forte  e débil. En ataque fomos capaces de correr ben o contraataque, collendo ben as calles.En ataque estático traballamos ben as inversións pero temos que mellorar nos espacios,pases, xogo sen balón,etc... En definitiva primeira victoria  no torneo, pero esto non debería ser o importante a nosa idade senón o seguir aprendendo e formándonos. Mañán máis e mellor.