xoves, 10 de xaneiro de 2013

O EQUIPO DE LUKY E BOULE , VOLVE A COMPETICIÓN

Este domingo 13 de xaneiro, o C.B. Porto do Son disputará o encontro correspondente a 3ª xornada da liga infantil masculina de segunda división da FGB.

O encontro será ás 10:00 da mañán no polideportivo Santa Baia de Boiro contra Mar-Par A de Ribeira.
Os rapaces adestrados por Luky e Boule intentarán mostrar sobre a pista as melloras amosadas nos adestramentos.

Recordade tamén que este sábado, haberá adestramento en Portosín ás 10:30.