mércores, 1 de novembro de 2017

Crónica da xornada d@s median@s

Tocoulle descansar aos cadetes masculinos do PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS nesta xornada onde os resultados do resto dos nosos proxectos muller/home foron bós, pero sen que sexa para botar foguetes. Mellor que o conten os que os viviron de primeira mán.

INFANTIL FEMININO
Liga Zonal de Santiago
LASALLE - PESCADOS BORMAR CBPS 35 - 50
Polo adestrador delegador Mozan


Superioridade

Primeira vitoria fóra de casa para o equipo infantil do Pescados Bormar CBPS fronte a un rival, La Salle, que deixou en evidencia máis veces das aceptables o noso balance defensivo.
Temos que reaccionar con moita máis rapidez para realizar a nosa transición do ataque á defensa.

En ataque tenemos que mecanizar aínda moito máis o noso xogo sen balón hasta convertilo en algo instinctivo e que a xogadora que teña o balón seiba sempre que vai atopar unha compañeira no espazo axeitado.

Buscando El Dorado

Outro aspecto  ter en conta, tenemos que seguir mellorando a nosa calidade de pase nas situacións de campo aberto, aínda que as perdas nestas circunstancias sexan perdas digamos que "tolerables".
Na próxima cita máis e cada vez mellor sin lugar a dúbidas.

Espazo saturado

Xogaron; Paula, Carla, Xiana, Cayetana, Noa, Xabela, Mariña, Andrea, Valeria e Martina.

INFANTIL MASCULINO
Liga zonal de Santiago
A ESTRADA - PACO'S MODA CBPS 39 - 34
Polo pluriempregado Mozan

Perspectiva

Derrota de noso equipo Paco's Moda CBPS que perfectamente pudo ser unha vitoria en A Estrada, de no haber fallado un montón de entradas a canastra, por erros no provocados, en accións de un contra cero, froito de boas defensas, de bós contrataques, así como de accións do xogo sen balón.

Trompe-l'œil

E se a iso lle engadimos o feito de "seleccionar" esforzos máis veces das debidas, este conxunto de circunstancias non nos permitiu coseitar un triunfo que podría haber recompensado ao equipo ao remate dos 40 minutos de xogo.

Dispersión

Recompensa da cal, en moitos momentos, fumos merecedores tanto por actitude como polo xogo desenvolto. A outra boa noticia é que tres dos nosos xogadores de Mini Basket participaron no partido con un saber estar e facer digno de eloxio. Queda seguir a traballar para que a semana que vén sexa mellor no aspecto numérico.

Sempre erguidos


Xogaron; Samu, Álex, Leo, Noel, Miguel, Manuel, Martín, Lois e Alberto.


CADETE FEMININO 
Liga zonal de Santiago
RÓTULOS AGEITOS CBPS - C.B. RIBEIRA 46-12
Polo allenatore Chi

Peños ao vento

Partido disputado na mañá do sábado en Trapa, onde o Rótulos Ageitos CBPS acadou unha cómoda vitoria sendo superior dende os primeiros compases do encontro.

Arranque

Pese a que o marcador foi amplo, os erros durante todo o encontro fixeron que o partido non chegase a decantarse de todo para o equipo sonense. 

Luces e sombras
Nembargantes, un aumento na presión defensiva sobre a saída de balón do equipo visitante fixo que o equipo conseguise anotar unha serie de canastas doadas e encarrilar así a victoria e poder utilizar o resto do partido para practicar situacións ás que podan verse expostas as nosas xogadoras en futuros partidos.

Cara adiante

Xogaron: Melanie, Sara M., Elba, Sara P., Carmen, Rut, Mariña, Valeria, Martina, Sabela e Andrea.

E así foi a nosa mirada sobre a xornada d@s median@s, e así a contamos