luns, 16 de xaneiro de 2017

A xornada XOGADE

Nas ligas XOGADE, volta ao cole tamén cunha xornada reducida. iso si.
Desta volta tocou visitar Rianxo, vexamos como lle foron as cousas aos tres equipos implicados nesta xornada.

PREMINI
RESTAURANTE PORTOFINO CBPS - RIANXO 4 - 44
Polo adestrador David Suárez

Derrota na visita a Rianxo por 44 - 4 pero melloría no xogo. 
O Rianxeiros con moitos rapaces de segundo ano e máis anos de baloncesto foi moito rival para os nosos pero xa empezamos a mostrar algunha xogada de moito mérito. 
O máis importante é que siguen divertíndose e aprendendo. 

Xogaron Alex, Alvaro,  Alexo, Roi, Daniela, Lucia, Carlota, Julia e Lucas

MINI MASCULINO
RESTAURANTE O PORTO CBPS - RIANXO 29 - 50
Polo adestrador David Suárez

Faltoulles gasolina aos rapaces do Restaurante O Porto que competiron hasta o descanso onde o marcador reflexaba un 22 - 17.
Nos seguintes cuartos a superioridade fisica dos rivais foi determinante para irse no marcador.
Pese ao  50  - 29 final, os rapaces do equipo sonense mostraron grandes habilidades e progresión. A seguir adestrando duro, rapaces!

Xogaron Hugo, Henok, Alberto, Lois, Manu, Jaime, Leo e os preminis Alex e Samu.

CADETE INFANTIL MASCULINO
PARRILLADA A NOSA RÍA CBPS - RIANXO 44 - 4
Polo adestrador Juanto Lobeto

Partido sen moita historia ante un rival moi frouxo. 
Dende o principio o equipo sonense foi collendo vantaxes que foi incrementando ao longo dos minutos.
Ante esta situación, prantexamento técnico foi aproveitar o partido para traballar algunha cousa distinta e incidir no xogo colectivo para que todos traballasen a prol do equipo, esquecendo o que sucedía no marcador. 
En defensa, as prioridades centráronse en mellorar os desprazamentos defensivos sobre o uso das máns.
En resumo, foi unha boa oportunidade para traballar reforzar aspectos técnicos dos nosos xogadores.

Xogaron: Adrián Cervera, Denis, Miguel, Fran, Noel, Martín B., Martín O., Isaac, Abel, Andrés, Isma e Adrián.

Así foi a nosa visión sobre a xornada, e así a contamos