martes, 6 de decembro de 2016

A Xornada XOGADE / FEGABA

Neste fin de semana previo á semana laboral-festiva-laboral-festiva-laboral, tan só 5 equipos xogaron partido, 4 XOGADE e un FEGABA.

Así lles foi.

LIGA FEGABA
Infantil Feminino
RIANXO - PESCADOS BORMAR CBPS 6 - 57
Polo adestrador Juan Trillo CHI



Nutrida hinchada visitante en Tarragoña
Partido desputado na mañá do sábado, onde o Pescados Bormar CBPS desprazouse ate o pavillón municipal de Taragoña para xogar contra o equipo de Rianxo e tratar de acadar a primeira victoria da tempada.

Dende o salto inicial, o equipo sonense foi superior en todos os aspectos que rodean ó xogo, onde as xogadoras locais non eran capaces de superar a presión exercida polas nosas xogadoras e no que se sucedían os roubos de balón e canastras visitantes.


Un mundo separou os dous equipos

As accións e presión dos primeiros minutos fixeron que a balanza do partido se decantase a favor do  equipo das nosas rapazas na primeira metade do encontro, podendo aproveitar esta situación favorable o resto do partido para traballar distintos aspectos en situacións estáticas ofensivas e sen presión defensiva de cara ós próximos partidos.


Xogaron: Rut, Andrea L., Andrea V., Mariña, Valeria, Carmen, Carla, Melanie, Xiana(Mini) e Paula (premini)

Parciais: 0-27 / 3-10 / 1-14 / 2-6

LIGA XOGADE

BABAYBASKET
Deportes Hermida Aluminios Boro CBPS - Liceo Noia
Encontro dos que crean aficción sempre ver aos máis cativos como se divirten xogando e que cada vez realizan máis cousiñas sobre a cancha é un praxer.

Imos xojar un pouco!!!!


PREMINI
WE ROBOTS CBPS - NOIA LICEO 07 49-47
⁠⁠⁠Polo adestrador Chechu Yáñez

Fermoso partido o xogado na mañá do domingo en Portosín. O We Robots CBPS, coa baixa na última hora de Celso, enfrontábase ao Noia '07.
Estes dous equipos son dos que mellor xogo dispoñen na pista e así o refrendaron durante o encontro. De inicio liderou o taboleiro o Noia grazas á súa maior presenza física.
As diferencias nunca pasaron dos 7 ou 8 puntos e foi á partires do descanso cando os nosos rapaces acurtaron as diferencias.
Nun final moi igualado, foron dúas canastras de Samu e Álex as que fixeron que os sonenses levaran á victoria, para ledicia do público presente.  

Xogaron: Álex, Dani, Marce, Iria, Óscar, Samu, Martiño e Lía.



MINIBASKET
EXCAVACIONES DARÍO CBPS 15 -  NOIA LICEO 26
As chicas minis enfrontábanse ao mini mixto do Noia. Un partido igualado non só no marcador senón nas acción  e xestos técnicos de ambos equipos. Sen dúbida na nosa comarca o baloncesto ten futuro despois de ver a ambos equipos. Parabéns.


RESTAURANTE O PORTO MELCHOR CBPS  8 - COSTA DA MORTE 46
Un Restaurente O Porto con moitas baixas non foi quen de plantarlle cara no marcador ao da Costa da Morte. Pero debemos de aplaudir e felicitar aos nosos rapaces por loitar e realizar accións técnicas que demostran que o entreno vaipolo bo camiño.