venres, 14 de outubro de 2016

ARRANCA A TEMPADA 2016/2017

Por fin! 
Larga foi a espera, e tras horas de entreno, litros de gotas sudor, decenas de quilos perdidos (menos por parte do que escribe esta crónica), por fin empeza a tempada 2016/17!
 
Este fin de semana, dobre ración de baloncesto no pavillón Santa Irene de Porto do Son; o sábado ás 20h, os nosos junior debutarán e o domingo ás 19h, no mesmo escenario, será o turno dos seniors.

O sábado ás 20h, no Santa Irene, vai ter lugar o primeiro partido oficial na historia do noso club na categoría junior masculino!

E que maneira de empezar! Os rapaces do Fisioterapia Cinesia CBPS adestrados por Andrés Cadahía debutarán a súa andaina na liga cun derbi fronte ao CB Noia.
Os veciños teñen un equipo aguerrido e con oficio, por iso prevese un partido disputado.
O equipo local chega coa baixa a derradeira hora de Manu Castelao, pero Iannis, Baloco, Fernán, Pablo, David, Javier, Iván, Toño, André e Yago teñen recursos suficientes para dar a cara e disputar un bonito encontro. Nesta ocasión quedan fóra da convocatoria pero sumarán coma un más Alfonso, Miguel Anxo e Roi.
Francamente, non sei que plan pode haber mellor para un sábado ao serán no Son!

E o Domingo, ás 19h, un renovado Tiendas Pillados CBPS debutará o que xa vai ser a súa terceira tempada na terceira división, grupo B, fronte a unos máis que coñecidos Milladoiro XL. 

O equipo dirixido por Juan Filgueiras debuta cun plantel moi renovado e con xente nova.
Xunto aos xa coñecidos Beny, Chi, David, Maki (aínda que dubida por gripe), Juan Mariño e un Serxio casi, casi recuperado da grave lesión da tempada pasada, hai que apuntar a volta á canchas do asturiano Juanto tras un ano sabático, a fichaxe de Alex e Rubén, ambos de Noia e a presenza cada máis importante de juniors para reforzar ao equipo como son Baloco, Fernán, Pablo e o ausente para esta xornada Manu Castelao
As expectativas son, este ano, as de competir a máximo, disfrutar e dar cada vez máis protagonismo aos xóvenes; ao fin e ao cabo, o futuro deste equipo son eles.

Así que xa sabedes, este fin de semana, baloncesto do bó no Santa Irene! Vinde vibrar e disfrutar cos equipos do Club Baloncesto Porto do Son