martes, 13 de setembro de 2016

FIN DUN SOÑO DE VERÁN


Os verdadeiros protagonistas deste gran finde de baloncesto.
 
Non poido ser.
Esta é a conclusión a un fin de semana onde os nosos infantiles, dirixidos por Andrés Cadahía e axudado de David, tiveron a posibilidade de loitar para meterse en Liga Galega nunha eliminatoria a partido ida e volta co MUEBLES VICTORIA do Barco de Valdeorras.

O sábado, tras unha viaxe eterna, xogouse o primeiro partido no pavillón do Barco.

Dende os primeiros minutos, quedou claro cales ía ser as craves da eliminatoria para os nosos, controlar os nervios para xogar como saben e conter a superioridade física dos barquenses.
Pero da teoría á práctica, xa se sabe.
Tras un primeiro cuarto de tanteo (12-06), os locais, máis expertos neste tipo de partidos, si foron capaces de soltarse e puxéronse a dominar claramente o partido ata o descanso (30 - 09) fronte a uns sonenses agarrotados.
E houbo que agardar hasta a metade do terceiro cuarto para ver os laranxa xogarcomo eles saben. Nestes minutos viuse o valor real deste equipo, xogando con intensidade, agresivos (no sentido positivo), solidarios, liberados.
Evidentemente, de cara ao marcador era tarde, pero serviu para demostrar que este equipo si sabe competir.

A eliminatoria foi un exemplo de deportividade entre os dos equipos e as súas afeccións


Aquí, preparados para meterlle 30 puntos ao churrasco.

O domingo á tarde, no Santa Irene do Son, partido de volta. Había que remontar 30 puntos. Iso, de novo, é a teoría. 

Palabras locais
Palabras visitantes
E que dicte sentencie a pista.
Na práctica, un calco do partido do día anterior. Una primeira parte onde os nosos xogaron atenazados, unha segunda onde foron capaces de soltarse e xogar de ti a ti ao rival. De feito, pírrica vitoria, gañaron a segunda parte por 31-30, demostrando que cando se poñen a xogar, sen nervios, co descaro que lles carecteriza, non había os 50 puntos de diferenza cos que rematou a eliminatoria en favor dos barquenses. 

Así que si, non poido ser. Pero o paso que supón xogar este tipo de partidos é inmenso, para o club, pero sobre todo para Noel, Isma, Miguel, Victor, Fran , Martín, Isaac, Adrián, Andrés, Martín e Abel. Nas derrotas apréndese máis que nas vitorias, aínda que sepan moito peor. 
E por moito que se pechase unha porta, quedan moitas por abrir. Así que a seguir traballando para conseguir as chaves, que isto non rematou, queda unha tempada apaixonante para todos!