luns, 11 de abril de 2016

O TIENDAS PILLADOS SABE SUFRIR E GAÑA EN ARZUA

                                                            REMONTADA ÉPICA .
O TIENDAS PILLADOS FOI QUEN DE DARLLE A VOLTA A 15 PUNTOS DE DESVENTAXA.

Comezou mal o encontro o Tiendas Pillados CBPS realizando unha frouxa defensa e errando moito dende o tiro exterior.

 


O CAB Arzúa plantexaba unha zona moi pechada  o que se lle atragantou aos sonenses. O equipo non era capaz de circular o balón con facilidade nin de metelo ao interior da zona o que facía que os locais cada vez se pechaban máis. 
O primeiro cuarto acaba cUn parcial de 20 - 5 para os locais.
No segundo cuarto Pablo e Marcos sairon ao  rescate , este último convertindo 3 triplas.
Chegándose ao descanso cun 31 -22.
Tras o paso polo descanso o equipo sonense plantexou un cambio defensivo realizando unha zona press 1-3-1 a media pista que daba os seus froitos. Os roubos defensivos convertíanse en canastras rápidas e o xogo en estático melloraba considerablemente cunha moi boa circulación de balón que acababa cos bos tiros exteriores sobre todo do noso Corbacho " Beny " e con puntos dentro da zona onde dominaban os nosos poderosos pivotes Boule ,David,Alvi  e Pou.
Unha vez que o equipo foi quen de poñerse por diante Chi aos estilo Corbalan dominou a perfección o tempo do xogo.
Juanito Bale tivo que realizar as funcións de Pablo nos derradeiros minutos facéndoo a perfección.
Ao final 38-42 para o Tiendas Pillados.

Agradecer ao público desprazado dende o Son pois os seus ánimos axudaron moito na remontada.
Xogarón: David 2, Bale 1, Pablo 8, Marcos 10, Chi 3, Beny 8, Pou 6, Alvi 2, Boule 2 .
O equipo volverá a xogar o venres ás 21:00 no Santa Irene en Porto do Son e o domingo ás 19:00 en contra o Deza.

PABLO EN IDADE JUNIOR DE PRIMEIRO ANO FOI UN DOS DESTACADOS DO ENCONTRO.