mércores, 17 de febreiro de 2016

RESTAURANTE PORTOFINO ,UN GRAN EQUIPO.

O domingo á mañán o equipo mixto do Restaurante Portofino CBPS enfrontábase ao ANPA  O Grupo.
Os nosos nenos e nenas a maioría de primeiro ano fixeron xogadas de moito mérito chegando a tocar o balón todos e todas as integrantes do equipo.
As melloras técnicas son  moi visibles. Dende o club queremos darvos a noraboa polo voso traballo.