luns, 18 de xaneiro de 2016

O TIENDAS PILLADOS PERDONOU NE LALÍN

O TIENDAS PILLADOS CBPS de 3º división padeceu o frío de Lalín sufrindo unha conxelación no xogo durante 4 minutos e nas muñecas dos xogadores á hora de lanzar tiros libres.

O TENDAS PILLADOS errou un total de 26 tiros libres que foron un gran lastre para non traerse a victoria da terra do cocido.







NUCANSA BASKET DEZA 52
PILLADOS TIENDAS DE MODA 49






O equipo estivo moi ben liñas xerais ante un rival moi rocoso e duro.
Cando os sonenses conseguían levar o ritmo do encontro collían a alternativa no electrónico chegando a disputar dunha ventaxa de 12 puntos e de tres ataques seguindos errando 6 tiros libres. Este foi o punto de inflexión do encontro debido a que os locais anotaron unha tripla e 4 puntos de contraataque conseguiron engancharse a un partido que semellaba sentenciado.

Pero aínda así os de Tiendas Pillados tiveron varios ataques para empatar e incluso conseguir a victoria.

O técnico local quere felicitar a todo o grupo polo exemplo de compromiso en equipo e comportamento dentro da pista.








Todo o grupo quere darlle unha perta especial a David que non pudo rematar o encontro por un forte golpe recibido.





Parciais : 17 -15 , 9 -17, 12 -9, 14-8.
Descanso : 26- 32.
Final : 52 - 49
Anotadores: Marcos 9 , Chi, Boule, Sergio 16 ,Rober 8, Pablo 4, Beny 10 , Alvaro 2, Bale , Baloco e David.




A próxima semana o equipo xogará na Salle no  que será o inicio da segunda volta da competición.