mércores, 23 de decembro de 2015

DOBRE REPRENSENTACIÓN DO CBPS, PRESELECCIÓN GALEGA E CLAUSTRO DOCENTE.

Miguel Gil xogador do Paco´s Moda CBPS estará presente na concentración que levará a cabo a Federación Galega de Baloncesto o próximo domingo 27 e luns 28 na Estrada.
Miguel que ven de pasar o primeiro corte a semana pasada. E sobre todo ven de pasalo ben e coñecer a novos amigos.
O CBPS desexamos que sigas a disfrutar destas experiencias con traballo,esforzo, educación e moita ilusión.
A seguir aprendendo Miguel!
Por outra banda o CBPS estará representado no Claustro docente que se celebrará o próximo domingo 27 en Celanova na persoa do noso adestrador Andrés Cadahía do cal aprendemos todos e todas día a día.
Dende o CBPS queremos darte a noraboa por este éxito .
Un grupo de adestradores/as do club estará presente como alumnos na mesma actividade.

Noraboa Andrés