luns, 16 de novembro de 2015

O CBPS Tendas Pillado derrota ao seu exceso de confianza

O CBPS Tendas Pillado acadou este sábado no pavillón David vidal de Portosín a súa segunda vitoria en tres partidos de liga.

Foi una vitoria que deixou unha sensación estrana nas case 100 personas que se deron cita no pavillón da localidade sonense.

Dende o principio, o equipo adestrado por Juan Filgueira arrancou ao ralentí pero unha vez engrasada a maquinaria colectiva, acadou vantaxes importantes. Ao final do cuarto, o 20 - 2 daba unha idea da aparente superioridade individual e colectiva do equipo local.

O segundo cuarto foi máis do mesmo, grandes minutos de xogo colectivo e de intensidade defensa fixeron que se chegou ao descanso cun claro 39 - 12.

27 puntos en baloncesto son moito, pero poden ser nada. Na reanaudación, o C.B. Ames sacou casta e máns a pasear para aproveitarse da apatía dun equipo local que se viu vencedor antes de tempo.

Pouco a pouco, o xogo dos sonenses foise contaminando pola perda de intensidade defensiva, os tiros doados que deixan de entrar, as guerras particulares ante a dureza defensiva dos rivais. E pese a que o cuarto remataba cun aínda claro 48 -28 no marcador, a confianza mudara de bando.

O derradeiro cuarto foi agónico. Se é doado saírse dun partido, voltar a entrar nel é complicadísimo. Un Ames enrachado castigaba calqueira erro do CBPS. Tanto que, a 3 minutos do final, puxéronse a tan só 5 puntos, 53 - 48.

De súpeto, o equipo recobrou os seus sinais de identidade; garra defensiva, ataque coral. Nestes 3 minutos finais, os sonense meteu un parcial estratoférico de 14 - 3, con mención especial aos 9 puntos de Maki consecutivos, froitos dunha gran labor defensiva.

Ao final, 67 - 51, unha boa vitoria e moitas leccións que reter. O camiño é largo e este foi un pasiño máis.

CBPS Tendas Pillado 67 C.B. Ames 51
Parciais: 20 - 2 / 19-10/ 9-16/ 19-23
Anotadores: Beny 19, Maki 18, Marcos 12, Sergio 10, David 2, Chi 2, Pablo 2, Pouso 2, Bule, Juan Bale, Fran Ferraces, Rober.