sábado, 29 de agosto de 2015

Hasta outra, Chechu!

Esta tempada, por mor de problemas físicos e laborais, perdemos a un xogador, un adestrador e, sobre todo, a unha gran persona, grande en todolos sentidos.

Dende aquí a directiva do C.B. Porto do Son quere darche as grazas, Chechu, polo gran traballo e compromiso que demostraste ter co noso club ao longo da tempada pasada.

E queremos tamén lembrar que es parte viva do club xa que tiveches o honor de anotar a primeira canastra do C.B. Porto do Son senior alá en Negreira.

Só podemos desexarte sorte para o futuro e ben sabes que aquí tes a túa casa para o que queiras.

Por todo, sempre serás un de nós, hasta pronto, camarada!