TODO UN LUXO PARA UN CLUB COMA O NOSO.
Un dos apelidos de máis sona do baloncesto galego pasará a formar parte do equipo de 4º división.Fran Ferraces conta cunha ampla e demostrada experiencia, xogou no Obradoiro, no C.B. Ribeira sendo capitán e conseguindo un montón de ascensos , Excapitán do C.B. Noia levou o equipo da autónomica a liga EBA cunha tripla decisiva dende a esquina que lle daba o ascenso. Posue campionatos galegos e participacións en varios campionatos de España.
Como é FRAN FERRACES?

É un competidor nato que todos os adestradores desexan no seu equipo.


Fran ten un deses intanxibles que non saen nas estadísticas pero que son importantísimas para que un equipo funcione, Fran é un lider no vestiario.
BENVIDO AO CBPS, DISFRUTAREMOS CONTIGO DO BALONCESTO.