mércores, 29 de xullo de 2015

BALONCESTO PARA RAPAZAS INFANTÍS E CADETES

Dende o CBPS queremos animar a todas aquelas rapazas nadas nos anos 2003,2002,2001 e 2000 a que formen parte dos equipos de baloncesto para a próxima tempada 2015/16.

O club está a preparar e programar a próxima tempada polo que se tendes pensado practicar deporte no próximo curso, animámosvos a que probedes co baloncesto.

Se estades interesadas en formar parte da nosa familia ,enviade un correo electrónico cos vosos datos persoais e poñerémosnos en contacto con vós.

Esperámosvos!!!!!