xoves, 28 de maio de 2015

O BALONCESTO ESTÁ DE MODA . O sábado ven a disfrutar co PACO´S MODA na final provincial de XOGADE.






 Este sábado ás 11:00 no Polideportivo Santa Irene  o PACO´S estará de Moda.
O noso equipo alevín disfrutará da semifinal contra o Arzúa . E posteriormente ás 13:00 horas disputarase a final provincial e o 3º e 4º posto.
O CBPS invítavos a todos e todas a disfrutar dos encontros do campionato provincial de baloncesto do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, que organiza a A.D. As Rías co CBPS e ca colaboración do Concello de Porto do Son.






O PACO´S MODA está formado por nenos na súa maioría de primeiro ano alevín que xa foron campións provinciais na tempada pasada.
Pero o club o único que desexa e que sume experiencias positivas e que medren como deportistas e persoas.
A DISFRUTAR EQUIPO.