venres, 22 de maio de 2015

FAITE VOLUNTARIO/A DO PEQUEBASKET

O próximo 13 e 14 de Xuño celebrarase en Portosín a III edición do Pequebasket Concello de Porto do Son.
Estes encontros de baloncestos realizáronse grazas a colaboración en anos anteriores da xente voluntaria, que traballou moi duro para intentar levar adiante un torneo o máis digno posible.

Este ano gustaríanos ter máis xente voluntaria que se implicase en colaborar con nós. Polo que vos animamos a participar como voluntariado podendo elexir entre distintas franxas horarias.
Opción A : Venres 12 de Xuño en horario de trade.
Opción B : Sábado 13 de Xuño en horario de mañán.
Opción C : Sábado 13 de Xuño en horario de tarde.
Opción D:  Domingo 14 de Xuño en horario de mañán .
Opción E :  Domingo 14 de Xuño en horario de tarde.

ANÍMATE E APÚNTATE , ENVÍA UN CORREO A cbportodoson@gmail.com INDICANDO A TÚA OPCIÓN, PODES COMBINALAS COMO TI DESEXES.

TODAS E TODOS ELES FORON O VOLUNTARIADO DO PEQUEBASKET CONCELLO DE PORTO DO SON