martes, 28 de abril de 2015

Resultados deste fin de semana

Este fin de semana pasado, na xornada da Copa Xogade, os equipos do C.B. Porto do Son tiveron sortes dispares.

Na xornada do sábado, na categoría premini, os nenos e nenas de EXCAVACIONES DARÍO CBPS, adestrados por Luky, perdían 29 - 43 contra o Asambal. 
  Na categoría mini, os rapaces de Iago do PACOS MODA CBPS derrotaban 49 - 28 ao equipo do Asambal.
Finalmente, na categoría cadete, os rapaces do FISIOTERAPIA CINESIA CBPS, e axudados pola descomunal actuación de Manuela, derrotaban aos rapaces do Asambal cun marcador final de 41 - 27.


Na xornada do domingo, tamén xornada de Copa xogade, na categoría premini, os rapaces e rapazas do PORTOFINO CBPS dirixidos por Maiuca venceron aos da Costa da Morte cun marcador final de 41 - 25.

En Categoría mini, as nenas de Juan O PESCADOR CBPS foron quen de gañar, ao límite, o seu partido contra Costa da Morte por un axustado 28 - 26

Finalmente, na categoría infantil, o equipo TIENDAS PILLADO CBPS, tamén dirixido por Juan, perdeu co CAB Padrón por un 14 - 53.


Vitorias, derrotas, o importante é seguir progresando e, sobre todo, disfrutando. Ánimo e grazas a todos e todas pola vosa participación!