domingo, 12 de abril de 2015

PORTOSÍN SEDE DUN NOVO CETI

O CB porto do Son foi o encargado da organización dunha nova xornada de formación para adestradores.

Este domingo, o pavillón David Vidal de Portosín foi a sede dun novo CETI, Centro de Tecnificación Individual, da Federación Galega de Baloncesto para a zoa do Barbanza.

Durante o transcurso da mañá, 26 rapazas e 40 rapaces, de entre oito e doce anos, e 12 adestradores en formación participaron en distintos obradoiros de adestramento de técnica individual nun acto que pretende potenciar a técnica e a convivencia entre xogadores e adestradores de distintos recunchos da comarca.

Agradecemos a presencia de rapaces e adestradores en formación dos clubs C.B. Santa Baia, C.B. Ribeira , O GRUPO, C.B. Negreira, C.B Noia, CAB Asambal e CAB Padrón e C.B. Porto do Son e á FEGABA pola súa confianza.