luns, 30 de marzo de 2015

O C.B. Porto do Son estará presente con 4 equipos na Vilagarcía Basket Cup que nesta edición contará con 112 equipos na XX edición.

O C.B. Porto do Son estará presente na Vilagarcía Basket Cup que nesta edición contará con 112 equipos na   XX edición.
Dende o xoves  2 ata o sábado 4 de abril, máis dun centear de conxuntos de Galicia, Castilla León, Cantabria, Asturias e Portugal participarán no torneo máis masivo do panorama autonómico entre as categorías benxamín e júnior tanto masculino coma feminino.
Un total de 40 equipos infantís, cadetes e júnior, 32 equipos de idade benxamín e 40 clubes da categoría alevín acudirán á Vilagarcía cheos de ilusión por participar neste gran torneo. Dos preto de 1.200 xogadores e técnicos, o noso club estará preesente con 50 nenos e nenas dos seguintes equipos:
Categoría Benxamín o Restaurante Portofino- Excavaciones Dario
Categoría Alevín masculino : Pacos´s Moda
Categoría Feminino: Bodegón O Pescador
Categoría Infantil Feminino : Pedras e Mármores Portosín

O Xovés o autobús sairá ás 8:15 horas de Porto do Son
O Venres o autobús saira ás 10:15 horas de Porto do Son
Do xoves para o venres o equipo infantil estará hospedado no Hotel San Marcos en Cambados.

Todos os compoñentes dos equiposbenxamín e minis deberán adestrar o mércores as 18:00 horas.