martes, 17 de marzo de 2015

DERROTA POLA MÍNIMA NA CANCHA DO SEGUNDO CLASIFICADO

Pese a contar con moitas baixas e só poder contar con 7 efectivos máis o adestrador que volveu a poñer a camisola verde do Pillados Tiendas de Moda o equipo plantou cara e disputou o encontro ata o últiumo segundo.

O resultado final foi  de Fontiñas Serlude 61 - Pillados Tiendas de Moda  CBPS 58



















Tiña un encontro moi difícil o Pillados ante o equipo que mellor defende da competición, realizando unha presión a toda pista durante todo o encontro.
Os sonenses sabían que a súa única opción era ralentizar o encontro e reducir ao mínimo o número de perdidas de balóns.

 E así o fixo exceptuando o inicio da segunda parte, pero soubo sobrepoñerse e  cun Adrian Pensado ao máis puro estilo Larry Bird  espectacular en ataque que anotou 30 puntos foi quen de volver a meterse no encontro.
Destacar o bo traballo do todos os xogadores : Bale , Juanto e Borja nos aleiros correndo ao contrataque e realizando moi ben os balances defensivos, Pou e Beny baixo os aros intimidandoe reboteando,  Adrian anotando  ca calidade de bird e imitando ao actual Corby e unha gran actuación de  chi  na dirección.


O equipo pechará a tempada o próximo venres ás 19:00 en Portosín ante o Maquinaria Otero de Santiago.
Podendo chegar a acadar un total de 6 victorias de 14 encontros un balance moi positivo se acntamos a gran cantidade de encontros que perdeu pola mínima para o que foi a súa primeira tempada no baloncesto senior federado .















E como presi vos digo: Polo tanto este venres todos a Trapa a despedir a tempada!!!!!!!