mércores, 25 de febreiro de 2015

O PEDRAS E MÁRMORES PORTOSÍN MOSTRA A SÚA MELLORA SOBRE A PISTA .

As Sonenses amosan unha gran melloría no seu xogo e lévanse unha cómoda victoria:

 Pedras e Mármores Portosín CBPS 52 - Santa Baia Boiro 28


Non se esperaba un partido fácil o sábado para as soneneses que viñan dunha victoria nun mal partido contra San Pelayo mentres as de Boiro venceron con comodidade a La Salle na anterior xornada, de feito o primeiro cuarto foi moi igualado entre os dous equipos rematando cun 12-8 no marcador, por riba nos primeiros minutos mancábase Lucía nas xogadoras locais e xa non xogaría en todo o partido.

Todo cambiou no segundo cuarto, as xogadoras do Pedras e Mármores apretaron en defensa e ampliaron a ventaxa ata o 26-12 co que se chegou o descanso.

O comenzar o terceiro cuarto o Santa Baia recortou a vantaxe ata poñerse a 10 puntos tras uns despistes na defensa local pero no último cuarto as locais apretaron o acelerador ata o remate do partido impoñéndose por un claro 52-28. 

Hoxe merece destacarse a todo o equipo, a labor de Loreto anotando e a súa mellora a  hora de defender, as rachas de Anahí no tiro, Sara con momentos de gran nivel, o traballo de Ana e Ximena que ainda xogando mancadas na rodilla e nariz defenderon e pecharon o rebote moi ben ademais de axudar en ataque , a ilusión de Chaimae que por fin pudo debutar tras multiples trabas pola federación e a axuda da mini Carla que estaba recen chegada de xogar un partido cas mini.

Xogaron: Loreto 20, Sara 14, Anahí 12, Ana 4, Lucía 2, Ximena, Chaimae e Carla.

Noraboa rapazas, a seguir adestrando duro para mellorar.