PILLADOS TIENDAS DE MODA CBPS 58 - C.B. PADRON 51
O REGRESO DE BOULE E JUANTO FUNDAMENTAL.
Todos os siareiros estaban espectantes para coñecer o día da volta de dous dos puntais deste equipo Boule e Juanto. E non defraudaron déronlle ao equipo as rotacións necesarias para poder competir con nivel.
OS DOMINADORES DA PINTURA BENY E POU "GASOL DE PORTO DO SON"
Na pintura fixo moito dano o PILLADOS cun denominador común Beny e Pou "Gasol de Porto do Son".Ambos foron os reis dos rebotes, tapóns e anotaron cando o equipo o necesitaba dende dentro da pintura.
OS FRANCOTIRADORES CHECHU E ADRIAN NON FAIARON
O tiro de 3 puntos cando a defensa zonal dos de Padrón se pechaba foi outra das claves para facerse ca victoria con Chechu e Adrián cargados cas súas metralletas dende a liña de 6,75 onde convertían case todos os lanzamentos que realizaban.
BALE ,XUVENTUDE E VELOCIDADE
Se a todo iso sumamos as boas accións do xuvenil Bale anotando ao contrataque e cun 100% nos tiros de dous o equipo faise máis forte.
UNS PILOTOS DE LUXO
Chi e Marcos conduciron ao equipo como se un bólido de formula 1 fose. Nin un só erro , dándolle a velocidade necesaria pero freando nos momentos xustos para non sairse da pista .
OS CHICOS DA SOMBRA
O alento e apoio de Dani, Yago e o do celtarra David presentes e os compañeiros que non poideron asisirtir puxeron o resto para que o equipo acadase a victoria.
NORABOA CHAVALES ,SODES UN EQUIPO
O equipo tocralle xornda de descanso na próxima xornada e dentro de 15 días medirase no son ao Deza de Lalín.