mércores, 11 de febreiro de 2015

Derrota pola mínima do PILLADOS TIENDAS DE MODA

DOLOROSA DERROTA DO PILLADOS TIENDAS DE MODA QUE FOI DE MÁIA A MENOS NO ENCONTRO.

62 - 65 por tan só 3 puntos caeu derrotado o Pillados Tiendas de Moda ante o Vayper  XL Miladoiro.

Nun primeiro cuarto espectacular, xogando o mellor baloncesto de toda a tempada daba esperanzas para poder seguir sumando . No primeiro cuarto o equipo anotaba 21 puntos , moitos para un equipo coma o noso. 

No segundo cuarto o encontro estivo equilibrado cun parcial de 15 a 16 para os de Milladoiro. 

O encontro cambiou radicalmente a partir do descanso , un fatal inicio de cuarto facía que o Pillados perdese toda a ventaxa no marcador e os de Milladoiro se fosen acercando ata tan só 5 puntos.

Con esta renda semellaba que o final de encontro sería axustado .E así foi un toma e daca entre os dous equipos.

Quedaban tan poucos segundos e o pillados gañaba por 1 , os locais obtaron por defender e o equipo visitante da man de Pepe Suevos anotou unha tripla definitiva.
Un ataque sonense no que non se conseguíu anotar e posterior tiro libre para os visitantes que pechou o encontro.
O adestrador local asume a responsabilidade da derrota, asumindo que quizás non escolleu as mellores opcións tácticas .Pero esta moi contento co rendemento dos seus xogadores pois no partido de ida a diferenza foi de 30 puntos de desventaxa.
O equipo segue crecendo pouco a pouco. 

Xogaron:Yago 15, Beni 9, Marcos 13, Bale, Checchu 4, Pou 6, Adri 13, Chi 2

O CBPS E OS COMPAÑEIROS DE EQUIPO QUEREN DARLLE UN GRAN ABRAZO AO NOSO DANI E MOITOS ANIMOS.