martes, 27 de xaneiro de 2015

SORPRESÓN NO SANTA IRENE ARENA. O PILLADOS TIENDAS DE MODA DERROTA AO SEGUNDO CLASIFICADO


PARTIDAZO DO PILLADOS TIENDAS DE MODA CUN PÚBLICO QUE LEVOU AO EQUIPO AO TRIUNFO.

3ª Victoria consecutiva do Pillados Tiendas de Moda CBPS e o equipo segue invicto no 2015.

Arredor de 100 persoas nas bancadas arrouparon ao equipo e corearon o nome do Pou "Gasol de Porto do Son"




PILLADOS TIENDAS DE MODA 44 - LA SALLE BONAVAL 39

Triunfou o traballo en equipo , esa foi a clave do Pillados. Pouco a pouco o proxecto vai collendo forma. De inicio de tempada ao partido deste pasado fin de semana o público disfrutou dun equipo totalmente distinto. 


O equipo leía moi ben as ventaxas no xogo, reboteaba con forza , disminuiu  a perda de balóns e as canastras comezaban a entrar , todos estes cambios levaron consigo que o equipo gañase e disfrutase xogando.

Todos os xogadores do Pillados brilaron a un gran nivel. Cada un aportando o mellor pola súa parte , o noso Pou "Gasol" inmenso no rebote tanto defensivo como ofensivo, Marquiños e Chichi " Creus" na dirección de equipo, Pensado "Jawal" ca súa man destrozando o aro, Bale e Chechu "Biriukov" ca defensa asfixiante ás amenazas rivais, Benedicto e Juanto "Cachopoman" co seu xogo interior , Borjita Moraneti espectacular no ataque con 100% no tiro e Yago o ex C.B. Noia que dende o ascenso a EBA naqueles anos gloriosos del , non volvía a xogar .Demostrou o gran nivel que ten como xogador.




O resume do acontecido na pista é o seguinte: O Pillados tivo un inicio de encontro espectacular cun parcial de 9 - 2  cun xogo perfecto sen ningún tipo de erros. Despois chegou a reacción de La Salle  cun parcial de 11 -0 e poñíase por diante. 
O Pillados volveu a tomar o relevo no marcador cunha tripla que puxo a grada en pe de Chichi e a partir dese momento dominou o encontro con ventaxa que rondaban os 6 puntos e semellaban cómodas. Nos últimos minutos os de santiago maquillaron o marcador ata o definitivo 44 -39.


PILLADOS TIENDAS DE MODA: Yago 12, Pou 4, Chi 4, Bale, Borjita, Marcos 2, Beny 7, Chechu 5 , Adrian 10


Todos os xogadores que participaron no encontro queren dedicarlle esta victoria aos compañeiros que están a sufrir dende a grada. Vos tamén xogades, grandes!!!!