luns, 15 de decembro de 2014

Os tiros libres condenan ao PILLADOS TIENDAS DE MODA

Basket Deza Lalín 67 - PILLADOS Tiendas de Moda  CBPS 35

Os tiros libres e unha mala arbitraxe sentencian ao Pillados Tiendas de Moda.

Destacar a JUANITO BALE o xogador en idade junior de primeiro ano que fixo un gran encontro.



Os sonense desprazáronse ata Lalín sabendo que visitaban un cancha moi difícil onde o equipo rival se resgarda nunha zona moi pechada durante os 40 minutos.

O acerto no tiro exterior sabíase que sería clave, pero co que non contaba o Pillados era con faiar 27 tiros libres durante o encontro .
A defensa dos da capital do cocido permitía tiros cómodos sen oposición pero a falta de acerto facía que os rivais pouco a pouco se marchasen no electrónico. 

A esto hai que sumarlle que a arbitraxe perxudicou claramente aos sonense, non tendo o mesmo criterio nas dúas canastras deixando de sinalar faltas clarísimas , aplicando criterios distintos e sinalando só infracións para os visitantes.

Pese a derrota o conxunto sonense empeza a recuperar efectivos e as sensacións non foron malas. 
O equipo despide a competición ata o próximo ano, volvendo a xogar o próximo 11 de xaneiro do 2015 en Santiago.
Xogaron : Bale 6, Borja 3, Chi 2, Boule 3, Juanto 4, Pouso 2, Chechu 5, Juan 3, Beny 3 e Pensado 4.