venres, 10 de outubro de 2014

9 representantes do C.B. Porto do Son no CETI de Santiago.

O C.B. Porto do Son estará presente con un total de 8 xogadoras/es e un adestrador no Centro de Tecnificación Itinerante que organiza a Federación Galega de Baloncesto este próximo sábado en Santiago.
Ás 10:00 horas será o turno das chicas e ás 12:00 horas será o turno dos chicos no Pavellón do Restollal.

Os asistentes serán: Miguel Gil, Noel Pouso e Martín Ogando na categoría minibasket. Mariña Castelao, Andrea Vázquez,  Carmen Ageitos e  Carla Maneiro na categoría minibasket feminino. E Xiana Filgueiras na Categoría Preminibasket Feminino.
O adestrador asistente será Yago López.

O C.B. Porto do Son quere desexarlles moita sorte e que aprendan o máximo posible.






Martín será un dos asistentes