mércores, 13 de agosto de 2014

Iago López.Un tirador para o C.B. Porto do Son

Iago López volve as pistas de baloncesto para debutar co C.B. Porto do Son en 4º división.

Iago conta no seu palmarés dous ascensos cando militaba no C.B. Noia, un de Autonómica a Nacional e outro a liga EBA.
Iago é un xogador versátil que pode cubrir todas as posicións do 1 ao 4 .
O C.B. Porto do Son ,club no que Iago adestra actualmente quere desexarte unha boa tempada.