venres, 18 de xullo de 2014

SERGIO MACEIRAS NOVO ADESTRADOR DO C.B. PORTO DO SON

Sergio Maceiras xa é novo adestrador do C.B. Porto do Son para a tempada 2014/2015.

O técnico formado como xogador e adestrador no club veciño C.B. Noia chega ao C.B. Porto do  Son con moita ilusión , gañas de aprender ,de mellorar e traballar en equipo, definíndose como un home de club.
Hoxe xa tivo a primeira toma de contacto no seu novo club,  nun dos adestramentos de tecnificación que o C.B. Porto do Son leva a cabo durante o verán, quedando moi satisfeito tanto ca metodoloxía enpregada como cos nenos e nenas.
Sergio Maceiras tamén formará parte do equipo de 4º división que debutará a próxima tempada no Porto do Son.

















O C. B. Porto do Son quede darlle  a benvida á que será a súa nova casa e desexrlle moitos éxitos e que disfrute co baloncesto .