xoves, 5 de xuño de 2014

Información II PEQUEBASKET CONCELLO DE PORTO DO SON

INFORMACIÓN DE INTERESE

Debido a que as previsións meteorolóxicas para o sábado son de chuvia,  dende  o C.B. Porto do Son e o Concello estamos traballando e preparados para realizar o torneo en Portosín sen utilizar as pistas exteriores.
Disporemos de catro pistas no polideportivo, un espazo para talleres, e algunha sorpresa máis.
Respecto ao domingo toda a actividade será tamén en Portosín, aínda que este día esperamos ter bo tempo e poder utilizar os espazos exteriores.

Esperámosvos e ao mal tempo boa cara. Todos e todas a disfrutar co baloncesto.

Todas as persoas voluntarias mañán a partir das 4 da tarde estaremos traballando no polideportivo de Portosín.

Todos os xogadores/as do C.B. Porto do Son deberán estar ás 10:00 en Portosín.