venres, 23 de maio de 2014

CETI 25 de Maio en Boiro

O C. B. Porto do Son estará presente no CETI de Boiro cos adestradores Juan Filgueiras e Iago López.

O CETI comezará as 16:00 para as categorías minibasket masculina e feminina onde haberá presenza sonense con 5 participantes por categoría e ás 17:30 será o turno para os preminibasket masculino e feminino novamente con presenza sonense.

OS chicos e chicas realizarán un traballo por estacións onde mellorarán aspectos técnicos e tácticos.