domingo, 4 de maio de 2014

1º Clinic C.B. Porto do Son "Como Construir un novo baloncesto de formación"

O C.B. Porto do Son quere agradecer a profesionalidade e a calidade dos ponentes: Pepe Casal,Carlos Maceiras,Quique Dopico e Alberto Blanco. 

Todos os ponentes mostráronse moi cercanos aos asistentes compartindo todo o seu saber e experiencia.

O C.B. Porto do Son agradece tamén a todos os asistentes  ( un total de 45 adestradores/as) a súa asistencia e participación neste primeiro clinic. 
Para nós sería moi importante a vosa opinión sobre propostas de mellora, temática deste clinic e temas a propoñer de cara ao próximo... Dende aquí vos convidamos a mandar as vosas suxerencias a cbportodoson@gmail.com 

Resaltar tamén que este clinic non sería posible realizalo sen a colaboración dos nosos patrocinadores e colaboradores.

Grazas tamén a Uxío,Paxu e Jose, fotógraofos e video.

Outro aspecto importantísimo foi a axuda mostrada polos xogadores benxamíns e alevíns do club , e dos xogadores cadetes e juniors do C.B. Santa Baia, C.B. Riveira e C.B. Porto do Son.

Dende o C.B. Porto do Son só podemos darvos as grazas a todos/as,desexarvos que o aprendido o poidades aplicar e reflexionar para que cada un de vós sexades mellores adestradores/as.



Galerias de imaxes:
                              1º día
                              2º día