luns, 24 de marzo de 2014

Un pouco competitivo Fisioterapia Cinesia cedeu en Santa Irene perante o Adb Fontiñas Casa pepe (34-52).




Os rapaces do Fisioterapia comezaron o partido tuteando o quipo visitante,  chegándose desta forma o remate dos primeiros  dez minutos cun esperanzador (7-10) .Pese a estar a tan só tres puntos o equipo amosaba moi malas sensacións: moitas perdas de balón, falta de intensidade defensiva, problemas no rebote defensivo e un longo etcétera.
As malas  sensacións amosadas nos primeiros dez minutos, confirmáronse co paso dos minutos do segundo cuarto. Ista situación provocaba que  o equipo visitante superará a barreira dos quince puntos a falla de dous minutos para o final, pero un parcial de 7-0 para o  noso equipo permitíanos chegar todavía con vida o descanso cun (18-25)
No inicio do terceiro cuarto os locais  cuaxaron os  millores minutos do partido ,chegándose a situar a seis puntos.O espexisimo durou pouco tempo, e a medida que  pasaron os minutos os nosos fóronse diluíndo do partido, carecendo da loita e entrega a que nos teñen acostumados. A pasividade amosada no último cuarto  permitiu que o AdbFontiñas certificase unha cómoda vitoria.

TOCA ERGUERSE E SEGUIR, PERO SOBRE TODO TEMOS QUE TER EN CONTA, QUE NON NOS PODEMOS RENDIR NUNCA.


Fisioterapia Cinesia: Aaron (8),Juan Fdez (0),Juan Mariño (12), André (9), Carlos (1) – CINCO INICIAL- Jorge (0),Christian (2), Pablo (0)