xoves, 30 de xaneiro de 2014

O Tiendas Pillados - C.B. Noia. Domingo 2 de febreiro ás 18:00 en Portosín

O Tiendas pillados volta á competición este domingo 2 de febreiro en Portosín.













O partido será ás 18:00 horas e se espera una bo ambiente nas bancadas.



O conxunto sonense enfrontarase nada mais e nada menos que o actual líder da competición o C.B. Noia que ven de superar o basket average de 42 puntos ao Santa Baia Paquito.
 
As chichas de Marcos e Juan terán un rival moi duro con xogadoras con moito rodaxe e cun ritmo de competición moi alto e moita máis experiencia. Pero as sonense deberán seguir mostrando a progresión que levan dende inicio da tempada e avanzar no coñecemento do xogo.
 
 
Os adestradores esperan mellorar conceptos defensivos básicos e en ataque mellorar as opción de xogar 1x1 así como a porcentaxe no tiro.
Do que non dudan os adestradores e da garra e entrega do equipo.
 
 
O venres no adestramento completarase a plantilla con tres xogadoras do equipo minibasket.