luns, 13 de xaneiro de 2014

Derrota ante o lider Peleteiro A

Fisioterapia Cinesia C.B.Porto Do Son 13-113 A.D.M. Peleteiro “A” 
 
  Dura derrota para o C.B.Porto do Son, na 7a xornada da 2a División Cadete Masculina. Non só polo resultado, 13-113, senón pola imaxe de xogo mostrada por algúns xogadores.
Certo é que, comparado co partido de ida, na estrea do club nas competicións FEGABA, a diferencia se reduxo. E iso, a pesar das dúas baixas de última hora: André, enfermo; e Miguel, lesionado na espalda durante un partido de futbolín.
  Sen embargo, polo visto nas últimas xornadas, os adestradores Marcos e Iago, esperaban algo máis dos seus pupilos.
  En canto o encontro en sí, o Peleteiro, claramente dominador da competición, non deixou lugar a dúbidas dende o minuto 1, logrando un parcial de 0-34 no primeiro cuarto.
  No segundo cuarto, e apoiándose sempre na mesma xogada ofensiva, cun bloqueo directo lateral, os santiagueses continuaron a aumentar a vantaxe cun 6-25 de parcial.
  Tralo descanso, o guión do partido non sufriu cambios. As continuas perdas de balón locais víanse parcialmente compensadas por pequenas melloras na defensa dos bloqueos, un dos poucos aspectos que puideron traballar os sonenses.
 

  A semana que ven, a Marea Verde visita o Santa Baia de Boiro, equipo contra o que venceu o único cuarto ata o momento, no partido máis igualado da tempada.
Xogaron e anotaron:
C.B.Porto do Son: Jorge, Cristián, Kevin, Aarón (11), Juan Fernández, Juan Mariño (2), Pablo e Carlos.