luns, 23 de decembro de 2013

Durand Scott e Miky García Stobart cos nenos e nenas na Sin- Son 2013

 Onte todos os nenos e nenas do C.B. Porto do Son e resto de participantes do Carreira Sin-Son 2013 disfrutaron da presenza dos xogadores do Rio Natura Monbús  Obradoiro , Durand Scott e Miky García Stobart acompañados co responsable de marketing do club Javier Puñal.

 
Pese as inclemencias meterorolóxicas e ter encontro na noite anterior os xagadores acercáronse a liña de meta da Carreira Sin - Son e demostraron ser uns campións firmando autógrafos e sacando fotos con todos os nenos e nenas. Tamén estiveron presentes na entrega de premios.
O C.B. Porto do Son quere agradecer a disposición mostrada  en todo momento por parte do Río Natura Monbús Obradoiro e desexarlle un ano deportivo cheo de éxitos.