mércores, 16 de outubro de 2013

Partidos para o domingo 20 de Outubro

O próximo domingo 20 de outubro o polideortivo de Portosín vivirá unha tarde 100% de baloncesto.
Ás 17:00 disputarase o partido amigable entre o C.B. Porto do Son e o Santa Baia de Boiro correspondente a categoría infantil feminina.Unha oportunidade única para ver a evolución das chicas dirixidas por Boule e Juan tras o partido que disputaran en Vilagarcía. Será sen dúbida un encontró moi esecial para moitas das rapazas que debutarán neste deporte.

Pero o prato forte chegará co encontró da categoría cadete masculina correspondente á segunda xornada da segunda división FEGABA.
O equipo dirixido por Iago e Marcos xogará contra o Autos Magallanes de Boiro. Os nosos debutarán ante o seu público con moitas gañas de agradalo.


Polo tanto este domingo todos a Trapa a animar ao CLUB BALONCESTO PORTO DO SON.