sábado, 12 de outubro de 2013

Partido históricco

O C.B. Porto do Son ven de xogar o seu primeiro partido nunha liga federada.

É a primeira vez na historia que un equipo do Concello de Porto do Son participa nunha liga organizada pola FEGABA.



O debut tivo lugar o sábado 12 de outubro do 2013 na pista de todo un clásico do baloncesto galego, o Peleteiro de Santiago.

O equipo adestrado por Marcos Rey e Iago López presentouse ao encontró cos seguintes xogadores: Juan, Kevin, Aaron, Miguel, Cristian, Juan San Mamede, Pablo e André. Causou baixa por lesión Xoel.

O Peleteiro "A" foi moi superior ao noso conxunto, gañando o encontro por un contundente 125 - 14 . E de sinalar que o noso equipo non tirou a toalla en todo o encontro e pese a ser moi inferior, loitando  de inicio a fin.
Ao final do encontro os nosos adestradores estaban contentos da mellora  dos nosos xogadores en aspectos do xogo como a colocación na defensa e os pases sendo concientes que queda moito traballo por diante.
O equipo estivo arroupado por arredor dunha veintena de aficionados/as que animaron ao equipo durante todo o encontro. Destacar e agradecer o comportamento do público do Peleteiro despedindo aos  nosos cun forte aplauso.

O C.B. Porto do Son quere darlle a noroboa a este grupo de rapaces que acaban de facer historia no baloncesto do Concello de Porto do Son. Moito ánimo e a seguir mellorando.

Marcos Rey e Cristian ( Xogador de orixe americano do C.B. Porto do Son) tras o encontro .