luns, 28 de outubro de 2013

Iago e Marcos moi orgullosos co traballo dos xogadores.

Sen opcións dende o principio do partido.O equipo perdeu por 84 -21 ante Enseñanza.


Así poderíase definir o partido vivido onte no Colexio Compañía de María de Santiago, no que o C.B.  Porto do Son se enfrentou aos locais do Enseñanza.

Os santiagueses saíron de cara cunha presión a toda pista que provocou numerosas pérdidas de balón nos sonenses, incapaces de anotar unha soa canastra de campo en todo o cuarto.O parcial inicial foi un contundente 22-1.

No segundo parcial, a pesares de que o Enseñanza xa non presionaba a todo campo, o Porto do Son seguía a cometer erro tras erro, con malas decisións ofensivas e demasiada precipitación.
Mentras, na defensa, continuaron os despistes do primeiro cuarto, permitindo ó rival anotar con facilidades. Chegouse ó descanso co resultado de 44-5.

Na reanudación, os rapaces dirixidos por Iago López e Marcos Rey, melloraron a actuación dos primeiros vinte minutos, realizando boas defensas con axudas e xogando en conxunto en ataque. Reducíronse as perdas de balón e foron capaces de desbordar varias veces no 1x1, sumando moitísimas máis accións positivas nesta segunda mitade.
  
Os técnicos sonenses quixeron agradecer os seus xogadores que non baixaran os brazos ata o final do partido, dando a cara durante os 40 minutos, algo nada sinxelo ante un rival tan superior, cun nivel táctico e un acerto nos lanzamentos exteriores que o fan claro candidato ás primeiras posicións do grupo.

O Porto do Son ten agora dúas semanas por diante para preparar o próximo partido, no que recibirá ó Riveira, no que se presupón que será o partido máis igualado deste inicio de tempada.


Xogaron e anotaron: Jorge, Cristián, Kevin, Aaron (9), Juan Sanmamed, Juan Mariño (6), André (3), Pablo (3) e Carlos.