domingo, 20 de outubro de 2013

Debut do Club Baloncesto Porto do Son na casa nunha competición oficial.


C.B.Porto Do Son 43-72 C.B.Santa Baia

                             

Bo partido o desputado esta tarde de domingo no Pavillón de Trapa, en Portosín. O equipo local, C.B.Porto do Son, debutante na categoría, amosou unha gran melloría ante o C.B.Santa Baia de Boiro.

Unha boa defensa de inicio, combinada con boas decisións en ataque, provocou que o resultado ó final do primeiro cuarto fose favorable ós sonenses (16-14).

Sen embargo, a falla de xogadores notouse no segundo parcial, na que o cansancio fixo mella nos locais. A defensa descendeu en intensidade e as ideas en ataque eran mínimas. Así o demostra o resultado parcial, un 8-24 para os boirenses, que marcharon con 16 de vantaxe ós vestiarios.

No mesmo, os adestradores do C.B.Porto do Son, Iago López e Marcos Rey, resltaron a premisa máxima do equipo, non baixar os brazos en ningún momento, independentemente do marcador.

E así o fixeron, pese a que perderon os seguintes dous cuartos (11-14 e 12-20) a imaxe foi satisfactoria.

O equipo ten agora unha semana por diante (3 adestramentos) para seguir crecendo no xogo e correxir os principais erros (pérdidas de balón e toma de decisións en ataque) antes de enfrentarse ó Ensinanza de Santiago a vindeira fin de semana.



Xogaron e anotaron:

C.B.Porto do Son: Cristián, Kevin, Aarón (11), Juan Fernández, Juan Mariño (7),André (19), Pablo e Carlos (6)

Gran ambiente no Polideportivo de Trapa cun público moi animoso e deportivo. Ambas aficiones recoñeceron mutuamente o esforzó de ambos equipos. Preto de 150 espectadores/as.